13.02.2017

Bronce para o Triatlón Ferrol co terceiro posto de Iván Puentes no Dúatlon de Guitiriz

Iván Puentes (1)A tempada de dúatlon comezou para o Triatlón Ferrol co loitado terceiro posto por equipos logrado grazas ao bronce de Iván Puentes e os tempos de David García e Yago Suárez.

Por detrás do atleta Lolo Penas e do triatleta internacional Alberto Castiñeira, un gran pelotón rodaba en bici por tentar darlles caza. Aí estaba un espectacular Iván Puentes quen, á saída da segunda transición, xa foi tomou a dianteira para cruzar a meta terceiro sen ceder ante os seus rivais nos 2,5 km finais de carreira a pé.

Xunto ao junior, o veterano David García -27º- e o cadete Yago Suárez -35º- marcaron unha vantaxe de case un minuto sobre o cuarto mellor club para colgarse o bronce por equipos.

En categoría feminina, a canteirá Emma Romeo abandonou a competición frustrada xa no primeiro segmento de carreira a pé.

O Dúatlon Concello de Guitiriz tivo lugar esta fin de semana en distancia sprint -5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira-.

Deja tu comentario