12.02.2011

Gala do Tríatlon y Péntatlon Moderno Gallego

Hoxe celebrouse a XII Gala do Tríatlon e Péntatlon moderno Galego na cidade da Coruña (no Centro Cívico  dos Mallos  ás 17,30 horas) na que se premiaron  ás e os mellores do ano 2010. Entre os galardoados, como era sabido, estaban os deportistas do noso Club Andrés Cupeiro na categoría V3  Marcos Ruiz (alevín), Melina Alonso levou 2 distincións e Camila  Alonso (cadete) que levou 3 distincións polos seus títulos. Ao final, Camila, tamén foi elixida como promesa do Tríatlon Feminino sumando así o seu 4 galardón na Gala de hoxe. Como Club tamén recibimos o recoñecemento polos resultados do Circuíto Galego de Dúatlon. O noso paisano e amigo Javier Gómez Noya levou, sen demasiada sorpresa para ninguén, mellor deportista de elite 2010. Fotos

Deixa o teu comentario