Historia do Club Triatlón Ferrol

Cando comezamos a escribir esta pequena historia, o Club Triatlón Ferrol comeza a súa 4º tempada como Club. É un tempo mais que suficiente para facer balance e ver o camiño percorrido en estes case catro anos.

 

A finais de setembro do 2006 empezou, coa total e absoluta colaboración do Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol, estando o fronte do mesmo o Concelleiro Leopoldo Ibáñez, a idea de formar un club de tríatlon na cidade de Ferrol.

¿Por qué? Ferrol é todo un referente no panorama Nacional e Galego. Durante 9 ó 10 anos o Club Natación Ferrol tubo un Sección de Tríatlon, na que o seu máximo responsable é actualmente o Presidente do Club Tríatlon Ferrol. Desta Sección saíu o Campión do Mundo Javier Gómez Noya, número 1 no ranking mundial.

Javier Gómez militou dúas tempadas nesta Sección de Tríatlon, ata que a falta de apoios fixo que se fose ao seu actual club, o Fluvial de Lugo.

Pero Javier non foi o único que “emigrou” de Ferrol para outros clubs galegos. Eran moitos os triatletas de Ferrol competindo con outros clubs, e todos dunha calidade excelente.

Se temos en conta que España é unha potencia a nivel mundial, que Galicia é campioa de España de tríatlon e que Ferrol ten moito que ver na posición que ocupa Galicia a nivel Nacional; isto, leva irreversiblemente á necesidade de crear na Cidade Departamental un Club de Tríatlon capaz de proxectar todas estas sinerxías e sexa altamente competitivo.

Deste xeito nace, a finais do 2006, o Club Tríatlon Ferrol. Unha entidade deportiva nova, pero con moita experiencia e co fin de proporcionar a Ferrolterra a posibilidade de practicar tódalas disciplinas deportivas dependentes da FETRI e FEGATRI.

Hoxe o Club Triatlón Ferrol é toda unha realidade. É un club punteiro en Galicia: nas súas filas militan varias Campioas de España, ten unha Escola de Triatlón que é das máis numerosas de España e en Ferrol se organizan probas de un altísimo nivel; Campionatos de España, Campionato Iberoamericano, Liga Nacional de Clubs, Campionatos Galegos, etc.

Así naceu o Club Triatlón Ferrol, imos superándonos día a día con traballo, ilusión e sobre todo moita dedicación.

Para rematar, dicir que o Club Tríatlon Ferrol é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro e co obxectivo de levar a cabo a práctica e difusión do triatlón.

Un saúdo