05.02.2011

GALA DO TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

O próximo día 12 de febreiro celébrase a XII Gala do Tríatlon e Péntatlon moderno Galego na cidade da Coruña (no Centro Cívico de «Vos Mallos»  ás 17,30 horas) na que se premiarán  ás e os mellores do ano 2010.

A esta Gala asistirá, case por completo, a Directiva do Tríatlon Ferrol. Aplaudirán e acompañarán  aos galardoados en xeral e en particular aos membros do Club premiados.
Nesta ocasión recibirán premios, a Junior Melina Alonso polo seu campionato Galego en Dúatlon. Tamén será premiada a súa irmá, a cadete no 2010, Camila Alonso que  levará varios polos seus distintos títulos galegos nas diferentes disciplinas (dúatlon, biatlón, tríatlon) e ademais está nomeada ao premio á «mellor promesa». A Marcos Ruiz, alevín durante o 2010, tamén lle será recoñecido o seu triunfo autonómico.



Deixa o teu comentario