01.05.2010

IV Duatlón de Guitiriz

Na tarde de hoxe se disputó a IV edición do duatlón de Guitiriz. Moi boa representación do Triatlón Ferrol, tanto en número como en resultados. Na proba feminina non puido competir ningunha das nosas chicas. No caso de Melina, por razóns que nos enchen de orgullo, participaba no Campionato de Europa Individual que se disputou en Nancy (Francia). Clasificación Fotos
Na primeira saída masculina  estaban Willy, Xoán Carlos, Javichín, Jose, Álvaro, Cali e o noso campeón de España G60  Andrés   Boa actuación no grupo desta carreira sen corte. Andrés levouse o trofeo do seu grupo para casa.
Na segunda saída «élite» tamén tiñamos unha boa representación. Salvador, Chema , Miguel e Mauri competiron nunha proba que se supón máis rápida que a anterior. Salva e Chema en grupo de cabeza dende a primeira volta de ciclismo defenderon a posición ata o final. Xa na recta final da proba, Gomar deixou atrás a Salva que entrou en segunda posición e Chema tívose que conformar co 4º posto (medalla de chocolate) . Miguel, que tamén fixo unha boa actuación, axudou a consegui-lo 1º posto por equipos.
Felicidades a todos e na próxima a ver se somos aínda máis…

fotos Clasificación

2 respostas a “ IV Duatlón de Guitiriz"”

Ramiro
mayo 1st, 2010
22:50

Muy buena actuación….si señor..este año vamos a dar candela 🙂 Felicidades!!

 
roberto
mayo 3rd, 2010
21:20

Vaya cracks!!!!!

Para el año habrá que hacer ficha de independiente…porque sino tiro las estadísticas del club por los suelos…

salud para todos y nos vemos en el tri de Riazor

 

Deixa o teu comentario