10.11.2018

Miriam Casillas, bronce ao esprinte en Miyazaki

Bronce Miyazaki (1)A internacional do Triatlón Ferrol foi a máis forte nos 10 km finais de carreira para facerse co podio.

Miriam Casillas puxo o colofón á súa temporada cun bronce na Copa do Mundo de Miyazaki. Despois dunha natación e un ciclismo moi igualado, agás o primeiro e o segundo posto, todo se decidiría no último segmento de carreira.
“Íbamos Tomlin, Derron, Mazzetti, MacShane, Hedgeland y yo, en la segunda vuelta se quedaron dos y en la tercera, también Mazzetti”, repasa unha Miriam Casillas que lle acabou gañando o esprinte a Hedgeland e Derron para conseguir a medalla.

Deixa o teu comentario