28.10.2018

Remontada a pé de Miriam Casillas para ser sétima na Copa do Mundo de Tongyeong

Miriam Casillas demostrou a súa regularidade na Copa do Mundo de Tongyeong ao meterse de novo no top-10 sendo sétima. Cunha boa natación, a internacional do Triatlón Ferrol puido rodar no
pelotón líder, sabendo que todo se decidiría na carreira. Chegando á transición unhas 20 triatletas xuntas, Miriam Casillas saíu escondida no grupo pero metro a metro ía superando rivais. Cunha potencia admirable, terminou remontando ata o último quilómetro e acabou cruzando a meta en sétima posición, a 12 segundos do bronce. A competición coa que calcula terminar a temporada será a Copa do Mundo de Miyazaki.

Deixa o teu comentario