28.10.2018

Carmen Gómez, 22a na Copa de Europa de Funchal

Equipo femininoCarmen Gómez rematou en 22a posición na Copa de Europa de Funchal. Despois dunha mellor natación que a do Europeo, a sub-23 do Triatlón Ferrol saíu da auga case co primeiro grupo. Apertou na transición e nos primeiros quilómetros para chegar á primeira subida á cola do pelotón pero na baixada deixárona atrás e, polo esforzo realizado, non foi quen de enganchar con elas de novo. Correndo a un bo nivel, Carmen Gómez rematou máis satisfeita do traballo feito que a semana pasada en Israel. “Viña co xusto porque nas últimas dúas semanas non adestrei moito”, recoñeceu a deportista do club ferrolán.

Deja tu comentario