21.10.2018

Carmen Gómez, 12ª no Europeo sub-23

Gómez Pontevedra 2018Carmen Gómez finalizou en 12º lugar no campionato de Europa sub-23. A deportista do Triatlón Ferrol calificou a súa natación como a peor da súa carreira. “Non foi por golpes, non teño escusa. Non sei por que pero non tiña forzas para nadar máis rápido e cheguei á primeira boia literalmente entre as últimas”, asumiu Gómez. Sen estar acostumada a saír atrás despois do primeiro segmento, Carmen Gómez buscou a colaboración no pelotón pero non houbo rivais que tirasen para acurtar diferenzas e os seus intentos de escapada en solitario non tiveron éxito. Correndo a sub-23 tivo que seguir sufrindo xa que a proba celebrada en Israel disputouse baixo unha intensa calor, de feito, o horario masculino tivo que adiantarse a primeira hora para evitar as horas centrais do día que comezaron a padecer as mulleres.

Deja tu comentario