08.09.2018

Marcos Ruiz repite subcampionato galego de ácuatlon

Marcos Ruiz logrou en Combarro o subcampionato galego de ácuatlon por segundo ano consecutivo.

Marcos RuizO canteirán do Triatlón Ferrol rematou os 1.000 de natación no quinteto de cabeza e foi o único que lle puido seguir a estela ao líder da proba, marcando o terceiro mellor parcial a pé no 5.000 final.

Detrás do triatleta de Fene, Pablo Pedrosa rematou en 19ª posición e Borja Catrufo, 25º.

Nas categorías de base, a Escola Javi Gómez Noya sumou seis podios cos ouros da benxamín Lucía Villarnovo e o infantil Alejandro Rodríguez, as pratas do benxamín André Ordiales, a alevín Lucía Piñón e da infantil Sabela Caneiro e o bronce da cadete Carmen Jiménez. Fotos

Deja tu comentario