01.09.2018

Melina Alonso, sexta no campionato de España

Melina Alonso acadou o mellor resultado para o Triatlón Ferrol sendo a sexta mellor do campionato de España de tríatlon olímpico. Carmen Gómez rematou en top-10 sendo novena de España e Marcos Ruiz, 50º.

Alonso y GómezAs internacionais do Triatlón Ferrol marcaron o ritmo desde o segmento de natación para tirar do pelotón no ciclismo. Carmen Gómez tentou unha pequena escapada nas primeiras voltas pero non tivo colaboración e os postos de privilexio xogaríanse entre unha ducia de triatletas nos 10 km finais de carreira a pé. Melina Alonso foi a primeira en apertar correndo, con Carmen Gómez de preto pero a intensa calor e o esforzo previo deixou sen forzas ás deportistas do club branquiazul para manterse en postos de medalla nos últimos quilómetros. Finalmente, Melina Alonso entrou a un minuto do bronce do campionato e como sexta española.

Pola súa banda, Ana Carvajal, rodando no grupo perseguidor, tivo que abandonar por unha picaba na bici. Deste xeito, e coa baixa de última hora de Camila Alonso por mononucleose, o Triatlón Ferrol non puido puntuar por clubs.

En categoría masculina, unha excelente natación permitiulle a Marcos Ruiz rodar no grupo perseguidor e deu a cara nunha frenética carreira a pé para ser o 51º da xeral e top-50 español para o triatleta fenés sub-23.

Deja tu comentario