26.08.2018

Sete integrantes do Triatlón Ferrol, clasificados para os Mundiais 2019 en grupos de idade

O Triatlón Ferrol rematou a fin de semana cun pleno de clasificados para os Mundiais 2019 de Pontevedra.

tríatlon crosNo campionato de España de longa distancia en grupos de idade, Edu Saavedra marcouse unha exhibición cunha marca de 6:46:06, que lle valeu ser sétimo do campionato galego que se celebraba á vez. O triatleta local pode celebrar así a súa praza para o Mundial na categoría de 30-34 e rematar entre os mellores galegos por detrás do campión de España elite, Gustavo Rodríguez. Pola súa banda, tamén logrou a praza para o Mundial Juanchi González aínda que lamentou un erro na segunda transición. Saíu sen dorsal a correr pero, para non ser descualificado, volveu atrás máis dun quilómetro para recollelo e poder rematar.

Na xornada do domingo, Pablo Pedrosa, Ricardo Fernández, Gonzalo Jiménez, Marcos Caneiro e Manu Pita finalizaron todos o campionato galego de tríatlon cros entre os mellores da súa idade e, polo tanto, tamén certificaron o seu billete para o Mundial de grupos de idade nesa disciplina.

Deja tu comentario