Miriam Casillas, 22° na Copa do Mundo de Lausana

A pacense do Triatlón Ferrol saíu da auga preto do top-20 da proba pero xa na primeira volta do ciclismo viuse obrigada a parar por un problema no cambio da súa bicicleta. Colleu o ritmo de novo pero, a falta de poucos quilómetros para chegar á segunda transición, tivo unha picada e terminou o segmento ciclista case freada. Na carreira a pé, Miriam Casillas puido recuperar case dez posicións.
Desta forma, a triatleta de Badaxoz terminou en 22° lugar e como segunda mellor española.
Deja tu comentario