09.08.2018

Camila Alonso, fóra do Europeo ao ser dobrada

Camila Alonso GlasgowCamila Alonso non puido rematar o Europeo de Glasgow ao ser dobrada no ciclismo por unha cabeza de carreira na que Nicola Spirig puxo un ritmo frenético.
A canteirá do Triatlón Ferrol rematou a natación cunha ducia de triatletas que loitaron por engancharse aos pelotóns perseguidores. No caso da ferrolá, o esforzo non tivo recompensa ao ser superada polas líderes, feito que impide automaticamente rematar a proba aínda que tivese algunha opción de maquillar o resultado no sector de carreira a pé.
Camila Alonso, oitava no Europeo de relevo mixto
A ferrolá Camila Alonso logrou ser oitava coa selección española no campionato de Europa de relevo mixto.
A internacional do Triatlón Ferrol puido resarcirse da proba individual. Cuns tempos semellantes aos da súa compañeira Anna Godoy, unicamente Camila Alonso ten que lamentar terse axudado dunha rival para saír da auga, feito sancionado cunha parada na área de penalización que cumpriu Antonio Serrat na remuda definitiva.

 

Deja tu comentario