04.08.2018

Miriam Casillas gaña a Copa de Europa de Malmö nun regreso por todo o alto

20643223_10208742870843348_6343481629513528936_oMiriam Casillas fíxose coa Copa de Europa de Malmö despois de dous meses sen competir por lesión.

Nadando no grupo das mellores, rodou nun gran pelotón ata que todo tivo que decidirse no 5.000 final a pé. A internacional do Triatlón Ferrol sorprendeuse a si mesma volvendo correr a un bo nivel tras un período de baixa e marcando o segundo mellor parcial da xornada. “Corriendo no sabía realmente cómo podía correr, salí con todo, sin miedo”, relatou a estremeña.

Cun tempo de 1:01:44, Miriam Casillas venceu con 11 segundos de vantaxe sobre a segunda, a subcampioa olímpica Lisa Norden.

A próxima cita da triatleta de Badaxoz será en dúas semanas na Copa do Mundo de Lausanne.

Deja tu comentario