17.07.2018

A Escola Javi Gómez Noya celebra o verán con xogos e tríatlon no piñeiral de Cabanas

Resumo emitido na TVG: http://www.crtvg.es/informativos/xornadas-de-veran-do-triatlon-ferrol-3852011

A Escola Javi Gómez Noya organiza esta semana unhas xornadas de xogos deportivos de verán, bautizadas como Xogatri.

Desenvolveranse de martes a venres de 10.00 horas a 14.00 h no piñeiral de Cabanas e na piscina de Pontedeume.

Os canteiráns do Triatlón Ferrol, de prebenxamín a infantil, realizarán xogos relacionados co tríatlon pero tamén con pelota ou cun paracaídas. “Sempre fomentamos a participación, non tódolos nenos queren orientarse ao máximo nivel e o que deben facer todos a estas idades é divertirse”, afirma o director técnico do club, Jaime Ruiz.

Esta actividade lúdica será a previa ao Tríatlon de Menores de Ferrol que se celebrará o sábado en Ferrol Vello e que é, un ano máis, campionato galego.

37278123_2063974457264266_8375818875882700800_n

Deja tu comentario