08.07.2018

Camila Alonso, fóra da final da Copa do Mundo de Hungría

Camila Alonso non puido entrar na final da Copa do Mundo de Tiszaujvaros ao rematar 16ª na súa semifinal.

Camila Alonso, campioa sub-23“Nadando, os nervios xogáronme unha mala pasada”, recoñeceu a internacional do Triatlón Ferrol que, despois de empezar mal no primeiro segmento, non recuperou sensacións nos restantes sectores da proba.

A triatleta ferrolá terá un reto aínda máis ambicioso a próxima fin de semana porque foi convocada para as Series Mundiais de Hamburgo.

Deja tu comentario