01.07.2018

Sufrido resultado en Poio para os integrantes do Triatlón Ferrol

Con calor e duras costas, os tres compoñentes do Triatlón Ferrol presentes en Poio tiveron que sufrir para chegar á meta pero demostraron que están capacitados para disputar a proba clasificatoria para o campionato galego en próximas ocasións.

Tanto Borja Catrufo como Pablo Sanjurjo e Roberto Martínez remataron os segmentos de natación e ciclismo en menos de 58 minutos, que era o corte marcado na proba clasificatoria. Sempre entre os máis rápidos na auga, Sanjurjo comezou liderando a proba. Por detrás comezou a escalar posicións Borja Catrufo para rematar no posto 85º da xeral, Sanjurjo 92º e Roberto Martínez, co mellor parcial a pé dos tres, 98º.

Deja tu comentario