10.06.2018

Excelente oitava praza de Camila Alonso na Copa do Mundo de Huatulco

Camila Alonso logrou ser oitava na Copa do Mundo de Huatulco, por diante de triatletas de Series Mundiais como a portuguesa Melanie Santos.

A internacional do Triatlón Ferrol rematou a natación nun segundo grupo pero en bici o pelotón unificouse e aí Camila Alonso soubo buscar unha boa posición para baixarse na segunda transición entre as primeiras. Na carreira a pé, a ferrolá logrou manterse ata cruzar a meta en oitavo lugar.

Deja tu comentario