02.06.2018

Proeza do Triatlón Ferrol para colgarse o bronce no campionato de España superesprinte por clubs

O Triatlón Ferrol logrou o bronce no campionato de España de tríatlon superesprinte por clubs nunha combinación de calidade individual e entrega colectiva.

IMG-20180603-WA0009Inés Santiago, sétima na final e das mellores na semifinal previa, liderou o conxunto departamental en Pulpí. Tras dela, Ana Carvajal entrou no top-10 da final para compensar co seu traballo os puntos que poderían perder as súas compeñeiras con problemas físicos. Morgan Branchoux volveu dalo todo, Carmen Gómez sufriu para meterse na final e mesmo entrou a cadete ferrolá Carmen Jiménez. O bronce forxouse igualmente cos puntos que puido rascar Raquel Ruiz, con dores nas costas que a imposibilitaron clasificarse para a final pero que aguantou para si puntuar na semifinal.

Con este sorprendente e meritorio podio, o Triatlón Ferrol continúa segundo na Liga Iberdrola de Primeira División.

Deja tu comentario