19.05.2018

Camila Alonso, 31º lugar na Copa do Mundo de Astaná pese a parar por molestias físicas

Finalmente a Copa do Mundo de Astaná tivo que celebrarse en formato dúatlon polo frío e iso condicionou o resultado das internacionais do Triatlón Ferrol cun 31º posto para Camila Alonso e unha 43ª praza para Inés Santiago.

Foi Camila Alonso quen arrincou mellor e mesmo chegou á primeira transición liderando a competición despois dos 5 km de carreira iniciais. Mentres, Inés Santiago mantívose no segundo grupo pero notando o alto ritmo que se marcou desde o comezo da proba.

Inés Santiago en liña de saídaNo sector ciclista, Camila Alonso botou en falta o adestramento que lle faltaba despois da caída en bici en Pontedeume. Pola súa banda, Inés Santiago recoñece que nun dúatlon se atopa sen forzas despois de arrincar correndo un 5.000.

As canteirás do Triatlón Ferrol remataron a faena a pé aínda que Camila Alonso tivo que parar dúas veces a estirar por dolor nos xemelgos.

“Por un momento crin que non podería rematar porque me doía moito pero, polo menos, puiden acabar”, comprácese Camila Alonso.

Deja tu comentario