15.04.2018

Remontada a pé de Camila Alonso para gañar a Copa de Europa de Melilla

Camila Alonso fíxose coa Copa de Europa de Melilla despois dunha asombrosa carreira a pé.

Camila AlonsoA canteirá do Triatlón Ferrol foi a única triatleta que baixou dos 33 minutos no 10.000 final e conseguiu remontarlle máis dun minuto ás líderes.

Desde a natación, dúas triatletas comezaron o ciclismo escapadas e no pelotón perseguidor colocáronse as irmás Alonso e Inés Santiago, con Ana Carvajal a uns dez segundos. “Fomos unhas dez no grupo e, ao principio, Helena Carvalho e Sara Pérez abríannos vantaxe pero Sara tivo unha picada e aproveitamos para recortar algo. Entón saín correr con forza, víame posibilidades e fun polo ouro”, relata Camila Alonso tras o seu triunfo.

A primeira volta de carreira aínda encabezaba a proba Carvalho mentres Alonso xa a tiña a 30 segundos. Mediado o sector, na segunda volta, a ferrolá tomou o liderado de forma definitiva, non baixou o ritmo e só pisou o freo para gozar da recta de meta.

En top-10 entrou Melina Alonso, en oitava posición. Sufriu Inés Santiago correndo e rematou 14ª, mentres que Ana Carvajal, a máis nova das representantes do Triatlón Ferrol, finalizou 19ª.

Desta forma, Camila Alonso cumpre os criterios para ser seleccionada para citas tan relevantes como o Europeo elite, o Europeo esprinte e para as Copas do Mundo de Cagliari (Italia) e Tiszaujavaros (Hungría).

Deja tu comentario