Nove medallas para a Escola Javi Gómez Noya na final provincial de dúatlon escolar en Fene | Club Triatlón Ferrol
15.04.2018

Nove medallas para a Escola Javi Gómez Noya na final provincial de dúatlon escolar en Fene

A Escola Javi Gómez Noya logrou cinco medallas individuais e catro por equipos na final provincial de dúatlon escolar celebrada este domingo en Fene.

Colgáronse o ouro a benxamín Noa Souto, a alevín María Filgueiras e a infantil Sabela Caneiro. Por equipos, foron os mellores o conxunto alevín feminino e o cadete masculino.

Ao segundo caixón do podio subiron a alevín Lucía Piñón, a cadete Carmen Jiménez e os canteiráns do equipo infantil.

Benxamíns Dúatlon Escolar de Fene

A medalla de bronce da base do Triatlón Ferrol acadárona os alevíns por equipos.

Deja tu comentario