Medalla de chocolate para o Triatlón Ferrol no nacional de dúatlon por relevos mixtos elite | Club Triatlón Ferrol
25.03.2018

Medalla de chocolate para o Triatlón Ferrol no nacional de dúatlon por relevos mixtos elite

O Triatlón Ferrol a punto estivo de dar a sorpresa no campionato de España de dúatlon por relevos mixtos ao ser cuarto por detrás dun Terras de Lugo cheo de internacionais e os todopoderosos Diablillos de Rivas e Clavería de Móstoles.

Comezou o relevo Melina Alonso chegando a saír da segunda transición en cabeza e entregando o testemuño terceira. Así comezou a correr Juan Rejas, substituto de Marcos Ruiz lesionado o sábado, quen aguantou o tirón dos líderes para darlle o relevo a Camila Alonso con posibilidades. A ferrolá encargouse de remontar e non perder posibilidades de podio. No último e definitivo relevo, o junior Iván Puentes chegou á par do seu rival do Clavería para xogarse un bronce que se escapou finalmente por apenas 200 metros. “Dá rabia quedar tan preto pero estou moi orgulloso deste equipo 100% da canteira do Triatlón Ferrol”, manifestou Puentes tras a carreira.

Coa axuda das irmás Alonso, o equipo masculino logrou a segunda mellor posición dos equipos de Segunda e suman 28 importantes puntos.

Melina Alonso, Juan Rejas, Camila Alonso e Iván Puentes

A eses engádense os 52 puntos aos que equivale a novena posición do conxunto departamental no campionato de España de dúatlon por clubs que se disputou na xornada do sábado. Con Marcos Ruiz como o mellor local, seguido de Iván Puentes, Juan Rejas, David García, David Arias, David Campos, Juanchi González, Pablo Pedrosa, Carlos Cándano e Roberto Martínez.

Deja tu comentario