Once medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Nada e Corre de Carballo | Club Triatlón Ferrol
18.03.2018

Once medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Nada e Corre de Carballo

A Escola Javi Gómez Noya trae a Ferrol un botín de once medallas no Nada e Corre de Carballo desta fin de semana.

A base do Triatlón Ferrol fíxose con catro ouros coas medallas do prebenxamín Manuel Caneiro, o infantil Alejandro Rodríguez e os cadetes Carmen Jiménez e Jorge Morado, con catro pratas grazas ao prebenxamín Hugo Pita, a alevín Lucía Piñón, a infantil Sabela Caneiro e o cadete David Campos e, por último, sumáronse tres bronces coa benxamín Noa Souto e os alevíns María Filgueiras e Hugo Goiriz.

Podio cadetes

Deja tu comentario