18.03.2018

Edu Saavedra e David Arias clasifícanse para o campionato galego de dúatlon

Edu Saavedra -22º- e David Arias -27º- lograron no Dúatlon de Riveira a súa clasificación para o campionato galego da especialidade polo Triatlón Ferrol.

A falta da confirmación definitiva, Juanchi González -51º- quedou a só un par de prazas de meterse entre os clasificados para a proba autonómica e rematou lamentando unha caída na bici sen consecuencias físicas pero que si o afastou do pelotón perseguidor no que podería conseguir a ansiada praza.

A suma deses tres mellores tempos colocou o Triatlón Ferrol como noveno por clubs.

Completaron a participación do club departamental David García -70º pero xa clasificado-, Roberto Martínez -80- e Ricardo Fernández -129-.

 

Deja tu comentario