05.03.2018

Bronce para Tere Barreira no Dúatlon de Santiago

O Triatlón Ferrol mantívose no podio do circuíto galego de dúatlon co bronce conseguido por Tere Barreira en Santiago.

Na súa temporada de debut na modalidade aínda que experimentada ciclista, Tere Barreira amosou o seu potencial ao colocarse nas primeiras posicións desde a primeira carreira, remontando en bici e forzando na carreira final para entrar no podio como terceira por detrás das internacionais venezolanas que dominaron a competición. Ao mesmo tempo, colgouse a medalla de ouro na categoría de veteranas.

En categoría masculina, o mellor duatleta do Triatlón Ferrol foi Miguel Benavent, 24º da xeral e subcampión junior, conseguindo ademais a clasificación directa para o campionato galego.

Tere Barreira

Cinco medallas para a Escola Javi Gómez Noya

A canteira do Triatlón Ferrol sumou catro ouros coa benxamín Noa Souto, a alevín Lucía Piñón, o infantil Alejandro Rodríguez e o cadete David Campos. A maiores, María Filgueiras subiu ao podio para colgarse a medalla de prata na categoría alevín na que se impuxo a súa compañeira.

Deja tu comentario