18.02.2018

Sete medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Dúatlon Escolar de Carballo

A Escola Javi Gómez Noya subiu ao podio en sete ocasións no Dúatlon Escolar de Carballo.

Cun ouro, a alevín Lucía Piñón e a infantil Sabela Caneiro foron as mellores na súa categoría. O Triatlón Ferrol sumou catro pratas coa benxamín Noa Souto, a alevín María Filgueiras, o infantil Alejandro Rodríguez e a cadete Carmen Jiménez. Na categoría cadete, David Campos conseguiu a medalla de bronce.

Pero o primordial era acadar o pase para volver competir na final provincial que o club departamental organizará en Fene. Un total de 24 canteiráns da Escola Javi Gómez Noya lográrono este domingo en Carballo. O resto terá unha nova oportunidade en marzo en Santiago.

Infantís en Carballo

Deja tu comentario