13.08.2017

Top-5 para Inés Santiago na Copa de Europa de Wuustwezel

170715-hamburg-wts-web-msj-025Inés Santiago foi a mellor do trío do Triatlón Ferrol na Copa de Europa de Bélxica ao certificar un quinto posto.

“Sentinme moi ben nadando, puiden meterme na escapada. Rodamos seis triatletas, sacamos bastante vantaxe. Correndo, cando fixeron un cambio de ritmo, xa me quedei. Ao final, quinta e moi contenta”, repasa a triatleta ferrolá.

Por detrás, Camila Alonso conseguiu ser 18ª e Carmen Gómez, na súa última carreira da temporada para poder volver a correr sen molestias, rematou 26ª en Wuustwezel.

Deja tu comentario