29.07.2017

A Escola Javi Gómez Noya, bronce no campionato galego de tríatlon

prata infantilA Escola Javi Gómez Noya volveu ao podio das mellores canteiras galegas ao ser terceira, a só un punto do subcampionato galego.

Nunha proba masiva en participación e público en Curuxeiras, a base do Triatlón Ferrol conseguiu a nivel individual as pratas de Rebeca Teijeiro en benxamín e de Sabela Caneiro en alevín e o bronce de Jorge Morado en cadete. Por categorías, foron subcampións os equipos benxamín masculino, alevín feminino e infantil masculino.

Sumando os resultados dos tres mellores de cada proba, a Escola Javi Gómez Noya entrou no selecto trío de clubs que superaron os 700 puntos, certificando un traballado terceiro posto no campionato galego de menores.

Deja tu comentario