22.07.2017

A escola Javi Gómez Noya gaña catro medallas no Tríatlon de menores de Cedeira

ouro benxamínA Escola Javi Gómez Noya sumou catro medallas no Tríatlon de Menores de Cedeira cos ouros da benxamín  Rebeca Teijeiro e da alevín Sabela Caneiro, a prata da tamén alevín Lucía Piñón e o bronce da infantil Carmen Jiménez.

Moi preto do podio quedaron os benxamíns Ana María Jiménez, cuarta, e David Garrote, quinto, e o infantil Marcos Gómez, pechando o top-5 da súa categoría.

Agora a canteira ferrolá agarda polo regreso dos cadetes desprazados aos campionatos de España de Banyoles para que todos poidan competir no campionato galego de menores que se celebrará o próximo sábado no porto de Curuxeiras.

Deja tu comentario