02.07.2017

Prata para Marcos Ruiz no campionato galego de ácuatlon

Marcos Ruiz subcampiónDespois dun intercambio constante de posicións en cabeza, Marcos Ruiz puido aguantar a remontada para proclamarse subcampión galego de ácuatlon, nunha xornada na que o Triatlón Ferrol sumou nove medallas máis por categorías.

Na cita elite, Marcos Ruiz saíu entre os líderes ao rematar os 1.000 metros de natación. En carreira, nuns 5 km frenéticos e cunha dura subida que ía restando forzas entre os rivais, o canteirán do Triatlón Ferrol puido remontar sen soltar as primeiras posicións para cruzar a meta segundo. O junior do Triatlón Ferrol foi, a maiores, campión da súa categoría. Por detrás, Iván Puentes entrou no top-10 -9º da xeral e subcampión galego junior-, Emma Romeo foi 11ª –bronce junior-, Pablo Pedrosa rematou no posto 14º e Iker Pita en 22ª posición –cuarto junior-.

En categorías de base, a Escola Javi Gómez Noya contabilizou dúas medallas de ouro coa benxamín Rebeca Teijeiro e o infantil Alejandro Rodríguez, tres pratas coa benxamín Ana Jiménez, a alevín Sabela Caneiro e a infantil Carmen Jiménez, ademais do bronce do cadete Juan Rejas.

Deja tu comentario