25.06.2017

Loitado 13º posto de Inés Santiago no Europeo

170715-hamburg-wts-web-msj-025Inés Santiago sumou un novo éxito na súa primeira temporada sub-23 ao ser 13ª no campionato de Europa sprint.

Cunha excelente natación e facendo unha rápida transición, a promesa do Triatlón Ferrol iniciou o ciclismo quinta, moi preto da cabeza de carreira. Rodando en pelotón, a ferrolá soubo responder ao tirón das máis fortes. “Na segunda volta colléronnos dez triatletas, íase máis rápido, pensei que ía quedar pero aguantei”, resume Inés Santiago.

Baixando xuntas á segunda transición nun grupo dunhas vinte integrantes, a internacional do Triatlón Ferrol foi remontando e motivándose ao adiantar rivais para rematar en 13ª posición.

Deja tu comentario