25.06.2017

A calor limita a Marcos Ruiz coa selección galega

Marcos Ruiz subcampiónPor 30 segundos non chegou a puntuar para Galicia o fenés Marcos Ruiz no campionato de España por autonomías.

Enfrontándose a rivais do máximo nivel nacional, o triatleta da Escola Javi Gómez Noya mantívose en posicións destacadas até que chegou o sector de carreira a pé, a máis de 30 graos e por asfalto, onde Ruiz sufriu para ser 55º da xeral e quinto mellor galego.

Deja tu comentario