11.06.2017

Traballada medalla de chocolate para o Triatlón Ferrol no campionato de España por clubs

DSC_8115 (2)O Triatlón Ferrol superou con nota a terceira xornada de Liga de Primeira División logrando un cuarto posto no campionato de España de tríatlon por clubs.

Cun equipo curto pero de nivel, o terceiro posto de Inés Santiago, sempre en cabeza, o cuarto lugar de Carmen Gómez, das mellores no pelotón perseguidor, a quinta posición dunha Melina Alonso moi forte a prodixiosa 16ª praza de Paula Herrero e os resultados de Ana Carvajal -23ª-, Pauline Vie -67ª- e Emma Romeo -108ª- deixaron ao club departamental a só 16 puntos do bronce, logrado por un equipo de dez triatletas fronte a sete.

Quedou fóra do tempo de corte, a nova incorporación local do club ferrolán, Laura Santalla, no seu terceiro tríatlon.
Ademais da simbólica medalla de chocolate, o equipo suma o premio de contar co Trofeo Iberdrola entregado a Inés Santiago por marcar o mellor parcial de natación nun tempo de 9:58 nos 750 metros.

A falta de tres xornadas de Liga, o Triatlón Ferrol é terceiro, empatado a puntos co segundo, o Cidade de Lugo Fluvial, con 172 e a só 12 das líderes, o Diablillos de Rivas, na loita por ser o mellor club de Primeira División.
Décimos en Promoción
Co equipo máis novo do campionato e con falta de adestramento polos exames finais, os canteiráns do Triatlón Ferrol lograron o décimo posto.

Deja tu comentario