28.05.2017

Camila Alonso clasifícase para Mundial e Europeo sub-23 sendo 14º en Madrid

Camila AlonsoA expedición do Triatlón Ferrol na Copa do Mundo de Madrid rematou cunha exitosa 14ª posición de Camila Alonso e cun meritorio 38º posto de Melina Alonso despois duna natación lenta, evitando ser dobrada pola cabeza de carrera.

Para a menor das Alonso, o obxectivo era manterse como a mellor española de categoría sub-23, sempre entrando no top-15 da xeral, para poder aspirar a retos maiores no que resta de temporada. E tivo que loitalo até o final, correndo máis rápidas que as rivais que a perseguían e cumprindo a súa meta por menos de 20 segundos.

Desta forma, Camila Alonso certificou a súa praza para o Mundial e o Europeo de categoría sub-23 e, a maiores, para o Europeo elite de distancia sprint.

Deja tu comentario