18.05.2017

Seis podios para os equipos da Escola Javi Gómez Noya no campionato galego de dúatlon escolar

A Escola Javi Gómez Noya logrou, ademias dos éxitos individuais, seis trofeos nas clasificacións por equipos do campionato galego de dúatlon escolar.

Como os mellores, convertíronse en campións os equipos alevíns, con Sabela Caneiro, Lucía Piñón e Inés Gómez, e Martín López, Bruno Castro e Hugo Goiriz, e o equipo infantil formado por Marcos Gómez, Alejandro Rodríguez e Manuel Romero.

BenxamínsEn benxamín, Diego González, Pablo Caneiro e Borja López quedaron a nove segundos do título, sendo subcampións.

Pechando os podios por equipos, Carmen Jiménez, Carlota Teijeiro y Lucía Santalla lograron o bronce infantil e os cadetes Yago Suárez, Jorge Morado e David Campos repetiron terceiro posto no campionato galego de dúatlon escolar celebrado esta fin de semana en Tomiño.

Deja tu comentario