18.05.2017

Miriam Casillas cumpre cun 29º posto nas Series Mundiais de Yokohama

Miriam CasillasMiriam Casillas comezou a temporada conseguindo unha 29ª posición nas Series Mundiais de Yokohama.

Pechando o grupo na natación, a internacional do Triatlón Ferrol buscou unha boa posición nos pelotóns perseguidores do sector ciclista e, nunha carreira a pé lenta para todas, mantivo o ritmo ata o final para entrar no top-30 da proba.

Nunha xornada con moitas triatletas dobradas na bici pola cabeza de carreira e con moitos abandonos, o resultado de Miriam Casillas revalorízase e entra no ranking das Series Mundiais en 48ª posición.

Deja tu comentario