09.05.2017

Exhibición do Triatlón Ferrol para revalidar a Copa da Raíña

18403454_1796588687321997_6449165050535851878_nPartían como máximas favoritas e as mulleres do Triatlón Ferrol cumpriron dando unha exhibición inédita para gañar a Copa da Raíña por segundo ano consecutivo.

Nadando en parellas, con Inés Santiago e Carmen Gómez tirando, por detrás con Camila e Melina Alonso e con Ana Carvajal pechando o quinteto, as internacionais do Triatlón Ferrol xa marcaron o mellor parcial no primeiro segmento.

En bici, ao ser as vixentes campioas, saían en último lugar na contra o reloxo e iso lles permitía ir adiantando rivais sendo conscientes de que tiñan posibilidades de gañar.

Na segunda transición, Ana Carvajal tivo unha caída ao baixar a rampla de acceso coa bici na man. Con dores na cadeira, deixouse ir para non parar ás súas compañeiras. En meta, cun tempo de 1:05:21, un minuto 13 segundos menos que as segundas, Melina e Camila Alonso, Carmen Gómez e Inés Santiago certificaron o triunfo e traen de volta a Ferrol a Copa da Raíña.

Desta forma, despois de vencer en 2016 por só catro segundos, o Triatlón Ferrol arrasou na primeira xornada de Liga 2017.

6º posto para a Escola Javi Gómez Noya

En categoría escolar, Yago Suárez, Juan Rejas, David Campos e Jorge Morado foron os catro triatletas en chegar á meta en sexto lugar, a 52 segundos do bronce.

Deja tu comentario