09.04.2017

Camila Alonso, campioa galega de dúatlon grazas a un cambio de ritmo a 100 metros da meta

O Triatlón Ferrol culmina o campionato galego con Camila Alonso, ouro, e Melina Alonso, bronce, no máis alto do podio.

Camila Alonso, campioaDespois dun primeiro sector de carreira conservador, catro duatletas, entre as que se atopaban as irmás Alonso, colaboraron no ciclismo gardando forzas. Nos últimos compases dos 20 km, Melina Alonso tentou dúas escapadas pero un circuíto moi plano non o permitiu.

“Sabía que todo se decidiría nos últimos 2,5 km e que había que facer unha boa transición”, relata Camila Alonso, que saíu primeira a correr o sector definitivo. A 100 m da meta, a ferrolá decidiu dar un cambio de ritmo para apostar por un triunfo sufrido.

A maiores, os canteiráns Iván Puentes e Emma Romeo lograron medallas nas súas categorías. El como o mellor cadete e ela como bronce junior.

Por clubs, os tempos do cadete Iván Puentes –sétimo da xeral nunha proba chea de internacionais-, de David García e de Marcos Caneiro déronlle ao Triatlón Ferrol a sétima praza do campionato galego.

Deja tu comentario