Un total de 36 canteiráns da Escola Javi Gómez Noya disputan a final provincial de dúatlon escolar | Club Triatlón Ferrol
04.04.2017

Un total de 36 canteiráns da Escola Javi Gómez Noya disputan a final provincial de dúatlon escolar

Roi DopicoA Escola Javi Gómez Noya acode este sábado á final provincial do circuíto Xogade de dúaton escolar con 36 promesas.

Con 12 benxamíns, dez alevíns, dez infantís e catro cadetes, a base do Triatlón Ferrol suma o equipo con maior número de clasificados despois do Arcade Inforhouse de Santiago.

A cita de Vedra celebrase en distancias adaptadas segundo a idade, partindo do circuíto de 500 m de carreira, 2 km de ciclismo e 250 m de carreira que deben completar os benxamíns, aos 2 km a pé, 8 km en bici e 1.000 m a pé dos cadetes.

Deja tu comentario