Quinto posto para o equipo junior do Triatlón Ferrol | Club Triatlón Ferrol
04.04.2017

Quinto posto para o equipo junior do Triatlón Ferrol

Marcos Ruiz e Iván Puentes

A Escola Javi Gómez Noya volve de Vall d’Uixó coa alegría de que o equipo junior puidese resarcir a mala fortuna dos cadetes.

Na categoría junior, Marcos Ruiz quedaou a 16 segundos do podio, sendo sétimo e mellor galego no campionato de España de dúatlon. O seu tempo, xunto ao de Iván Puentes -22º- e ao de Iker Pita -69º- déronlle ao Triatlón Ferrol a quinta praza por clubes, sendo igualmente o mellor equipo galego. Pola súa banda, Emma Romeo estivo preto de entrar no top-20 sendo 22ª.

En cadete, a Escola Javi Gómez Noya entrou no top-10 como oitavo mellor club aínda que o bo resultado ten un sabor agridoce polas dúas caídas de Juan Rejas, que o retrasaron á 82ª posición, e o accidente que tamén sufriu Yago Suárez, que puido ser o mellor do equipo entrando en meta 51º. Con David Campos 55º e Jesús Rodríguez 63º, o Triatlón Ferrol mantívose entre as canteiras máis potentes de España. De feito, aínda quedaban como reservas para puntuar Jorge Morado -65º-, o propio accidentado Juan Rejas, Álvaro Ordiales -239º-, Carlos Pedrosa -245º- e Bruno Leirachá -253º-.

En grupos de idade, na categoría dos máis novos, o ferrolán Pablo Pedrosa finalizou en 77ª posición cun tempo de 1:09:22.

Deja tu comentario