Ana Carvajal paga unha dura natación cun 23º posto na Copa de Europa de Quarteira | Club Triatlón Ferrol
03.04.2017

Ana Carvajal paga unha dura natación cun 23º posto na Copa de Europa de Quarteira

Ana CarvajalAna Carvajal finalizou en 23ª posición na Copa de Europa junior de Quarteira.

A deportista do Triatlón Ferrol recibiu numerosos golpes na auga e iso fixo que saíse no segundo grupo á zona de transición. No ciclismo, investiu demasiados esforzos en dar caza ó pelotón de cabeza e pagouno nunha carreira na que lle faltou a enerxía habitual.

Despois de ser 24ª na Copa de Europa de Las Palmas en categoría elite, o posto logrado en Portugal sábelle a pouco a Ana Carvajal.

Deja tu comentario