26.03.2017

Debut e medalla de bronce para Carmen Gómez na Copa de Europa de Gran Canaria

Carmen Gómez, bronceUnha extraordinaria natación e un ciclismo sen descanso déronlle a Carmen Gómez unha medalla de bronce na Copa de Europa de Gran Canaria que sabe a ouro. A internacional do Triatlón Ferrol, no seu primeiro ano en categoría sub-23 e sendo a primeira vez que compite en distancia olímpica, foi a sorpresa da xornada conseguindo entrar no podio dunha Copa continental elite.

Só 13 segundos por detrás, entrou á meta Camila Alonso como quinta despois dun ciclismo no que se viu nun grupo parado que cada vez perdía máis tempo con respecto ás líderes. Aínda así, puido marcar o terceiro mellor parcial na carreira a pé para entrar no top-5.

Sendo 24ª, Ana Carvajal rematou a competición internacional con bo sabor de boca despois duns notables segmentos de bici e carreira.

Pola súa banda, Melina Alonso viuse obrigada a abandonar no ciclismo porque tiña fortes dores despois da caída que sufriu adestrando en Ferrol.

Deja tu comentario