26.03.2017

Bronce para o Triatlón Ferrol no Dúatlon de Arteixo cunha prata de Marcos Ruiz

Marcos Ruiz, subcampiónO equipo do Triatlón Ferrol acadou o bronce no Dúatlon de Arteixo, coa espiña de ter quedado a só 23 segundos de ser campións despois de lamentar retiradas como a de David García.

Foi Marcos Ruiz quen liderou o equipo departamental, correndo en segundo lugar detrás do atleta Lolo Penas, colaborando no pelotón ciclista de cabeza e sabendo gardar as forzas para cando máis as necesitase. Porque o fenés agardou, como en Lugo, aos últimos 300 metros antes da meta para apurar un ataque ao que o seu perseguidor non puido responder e aí lograr a prata invidiual.

Tras del, Pablo Pedrosa -21º- e Marcos Caneiro -24º-, ademais de adxudicarse a praza directa para o campionato galego, marcaron uns tempos que situaron ao club de novo no podio.

Deja tu comentario