David Arias clasifícase no Dúatlon de Santiago para o campionato galego | Club Triatlón Ferrol
21.03.2017

David Arias clasifícase no Dúatlon de Santiago para o campionato galego

A falta dun último clasificatorio, o Triatlón Ferrol contará no campionato galego con sete duatletas despois de que o veterano David Arias se fixese coa seu billete directo en Santiago.

O Dúatlon Concello de Santiago foi, pese a esa boa nova, unha proba accidentada para o club ferrolán porque nin Iván Puentes nin Pablo Pedrosa nin Yago Suárez nin Juan Rejas puideron rematar a proba por lesións, caídas ou mesmo unha inoportuna picada na bici.

Aínda así, o Triatlón Ferrol puido ser noveno por clubs cos tempos de David Arias, Juanchi González e Carlos Cándano e, na competición feminina, Emma Romeo acadou o bronce junior.

Deja tu comentario