Camila Alonso reedita título Iberoamericano | Club Triatlón Ferrol
19.03.2017

Camila Alonso reedita título Iberoamericano

campioa IberoamericanaA ferrolá Camila Alonso logrou gañar de novo o campionato Iberoamericano de tríatlon con case 40 segundos de vantaxe sobre as perseguidoras.

Cunha natación notable, foi quen de situarse en cabeza no ciclismo e, xunto a unha das rivais brasileiras, marcar distancia co pelotón. Comezado o sector de carreira a pé, a internacional do Triatlón Ferrol xa marchou en solitario para aguantar até a meta o liderado.

Deste xeito, cun tempo de 1:02:30, Camila Alonso revalidou o título conseguido en 2016 en La Habana e abre con éxito a tempada de tríatlons.

O próximo reto chegará o domingo 26 coa Copa de Europa de Gran Canaria na que coincidirá na liña de saída coa súa irmá Melina Alonso e co groso do equipo elite do Triatlón Ferrol, con Carmen Gómez e Ana Carvajal. Só haberá as ausencias obrigadas por lesión de Miriam Casillas, Tamara Gómez e Inés Santiago.

Deja tu comentario