Tres novos clasificados do Triatlón Ferrol para o campionato galego de dúatlon
O Triatlón Ferrol suma seis clasificados para o campionato galego de dúatlon despois de que en Riveira conseguisen praza Emma Romeo –9ª absoluta e campioa junior-, David García -12º e bronce veterano- e Yago Suárez -18º e subcampión cadete-.
Por clubs, cos tempos dos dous mellores duatletas e puntuando como terceiro Juanchi González -35º-, o equipo departamental foi cuarto só 19 segundos por detrás do último posto de podio.
Para o resto da expedición, o obxectivo era probarse na semana previa dos campionatos de España de Boiro. Así Marcos Caneiro -51º-, Carlos Cándano -53º-, Pablo Pedrosa -59º-, Alberto Caneiro -67º-, Iker Pita -72º e bronce junior-, Carlos Pedrosa -151º-, Iván Gómez -152º-, mentres que Jesús Rodríguez, cando roldaba o posto 90, viuse obrigado a abandonar na última carreira a pé.
O Dúatlon de Riveira terá lugar este domingo nun circuíto de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira finais.
Deja tu comentario