18.02.2017

Subcampionato galego para un perfecto Triatlón Ferrol en dúatlon contra o reloxo

Triatlón Ferrol-ciclismoA canteira do Triatlón Ferrol asombrou no campionato galego de dúatlon contra o reloxo conseguindo colgarse a medalla de prata.

Partindo de saída con catro ferroláns, David Arias, Pablo Pedrosa, Iván Puentes e Yago Suárez, un fenés, Marcos Ruiz, e o duatleta de San Sadurniño Juan Rejas, o equipo arlequinado comezou a primeira carreira a un forte ritmo. Así continuou no ciclismo, polo que David Arias abandonou nas primeiras voltas para non frear aos canteiráns.

Na carreira final, foi Pablo Pedrosa quen cedeu grazas a un sorprendente cadete Juan Rejas, que aguantou até a liña de meta soñando con gañar o campionato. Á chegada, Iván Puentes afirmou: “no sector ciclista cruzámonos varias veces co equipo do Olímpico de Vedra –á postre, campión- e sabíamos que estaba entre nós. Pensabamos mellorar o 12º posto do ano pasado e hoxe saíunos cravado”.

Deste xeito, un equipo cento por cento Ferrolterrán e formado na Escola Javi Gómez Noya proclamouse subcampión galego de dúatlon contra o reloxo, só 19 segundos dos mellores e meténdolle máis dun minuto aos terceiros clasificados.

Deja tu comentario