12.02.2017

A un paso do podio, na Final Galega de Nada e Corre

Na modalidade que combina a piscina coa carreira en pistas de atletismo, sen transicións, a Escola Javi Gómez Noya foi cuarta por clubs, a só 17 puntos do bronce.

Mantívose entre as mellores escolas galegas grazas aos triunfos de Rebeca Teijeiro, en benxamín, e Roi Dopico, en infantil, aos bronces de Carmen Jiménez e Alejandro Rodríguez, en infantil, e á suma total dos resultados das 17 promesas do club ferrolán que competiron na Final Galega de Nada e Corre en Pontevedra.

Deja tu comentario